Miguel Domínguez, unha vida entregada á medicina

PONTEVEDRA> Outra das persoas que serán homenaxeadas nos premios Amigos de Pontevedra é Miguel Domínguez. Cunha traxectoria profesional máis que recoñecida, o traumatólogo, ex presidente do Pontevedra Club de Fútbol e ex vicepresidente da Deputación, é unha peza fundamental da historia da cidade.

Un home incansable, apaixonado e traballador. Así é Miguel Domínguez. E a súa traxectoria profesional así o avala. Unha vida dedicada a traumatoloxía e ao Hospital da súa familia. No ano 98 asumiu a xestión da dirección deste centro sanitario e con traballo e esforzo conseguiu situalo como un referente en toda Galicia.

Dende o ano 2015, Miguel Domínguez xa non asume a xestión de este Hospital pero non por iso a súa vida deixou de estar vencellada á medicina.

A medicina foi a súa vida pero Miguel Domínguez conseguiu ser un referente tamén noutros sectores. Conseguiu facer da súa paixón o seu traballo e, con el ao fronte, o Pontevedra CF conseguiu ascender a Segunda B no ano 1984.

Pero a súa traxectoria non remata aquí, Miguel Domínguez estivo presente tamén na política, chegando a ser vicepresidente da Deputación.

Con esta incrible traxectoria, que Miguel Domínguez recibise o premio Amigos de Pontevedra era só cuestión de tempo, aínda que para el foi unha grata sorpresa.

Coñecido por moitos como o Rei Midas por conseguir desatascar proxectos da Deputación, valorados en 600 millóns de pesetas, Miguel Domínguez pasou de formar parte da marca Domínguez, a ser unha parte importante, para sempre, de Pontevedra.