O PSdeG de Pontevedra promete defender no congreso e no senado a igualdade e as políticas municipais

PONTEVEDRA> O PSdeG de Pontevedra rexistra as súas listas electorais para o congreso e o senado destacando a eleccións democrática e a proximidade dos seus candidatos. Os equipos liderados por David Regades e Carmela Silva prometen defender en Madríd á provincia así como a igualdade e as políticas locais no caso de saír escollidos.

O PSdeG presentouse este luns na audiencia provincial de Pontevedra para rexistrar as listas coas que a formación concorrerá as vindeiras eleccións xerais. Os equipos na provincia estarán encabezados por David Regades para o congreso e por Carmela Silva para o senado. A formación destaca que a elección dos seus membros fíxose de forma democrática e que está composta por políticos da provincia.

En canto ás súas promesas electorais, o PSdeG destaca tres, a primeira é defender os intereses de Pontevedra.

Tamén manterán a súa aposta polas políticas feministas.

A última promesa é a defensa das políticas locais en Madrid.

Os socialistas mostráronse moi contentos e ilusionados polos equipos que presentarán ás vindeiras eleccións xerais. Defenden que son o partido que mellor defenderá os intereses de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí