O éxito do ‘crowdfunding’ completa a horta do Carlos Oroza

PONTEVEDRA> Obxectivo cumprido no Carlos Oroza. A un día de que remate o prazo para recadar fondos na súa campaña de crowfounding, os alumnos celebraron que xa acadaron a súa meta. Os cartos reunidos permitiranlles dotar dun sistema de rego e dun novo invernadoiro a súa horta ecolóxica. Logro que celebraron cunha visita dos seus mecenas. A horta do Carlos Oroza poderá contar cun sistema de rego automático e cun novo invernadoiro. O centro completou con éxito a campaña de crowdfunding iniciada hai algo máis dun mes. E este mediodía, a horta converteuse nunha festa. Alumnos e profesores quixeron celebrar o logro cos seus mecenas. Por iso, invitáronnos a coñecer de primeira man a horta que axudaron a mellorar. Tamén a probar os seus produtos. Con estas novidades, os alumnos danse por satisfeitos. Aínda que son conscientes de que á horta hai que darlle o que pide. O centro tamén aproveitou esta campaña para darse a coñecer. Outro obxectivo que tamén ven cumprido. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/crowdfunding_carlos_oroza_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/crowdfunding_carlos_oroza.mp4{/flowplayer}