Os traballadores do Parque de Maquinaria manifestáronse as portas do Pazo Provincial

 PONTEVEDRA> A pesar do mal tempo, os traballadores do parque de maquinaria de Pontevedra, manifestáronse este venres, as portas do Pazo Provincial, dende as 12:00, ata as 15:00 da tarde. 

 

Os traballadores consideran que a intención do equipo de goberno é privatizar este servizo. Por iso, acúsanos de buscar xustificacións contra a súa viabilidade, como modificacións dos horarios ou a negativa de vender aglomerado aos concellos. 

Pola súa banda o Vicepresidente da Deputación, César Mosquera, pediu hoxe en rolda de prensa responsabilidade e sentido común, o afirmar que algún condutor do parque, cobra máis que a Presidenta da Deputación. 

Os traballadores levarán a súa protesta ata a fachada do Pazo Provincial todos os venres, no mesmo horario ata que se solucione esta situación.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/concentracion_parque_maquinaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/concentracion_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}