O PP de Poio levará ao vindeiro pleno unha moción para rebaixar a carga das familias numerosas

POIO> O voceiro do Partido Popular en Poio, Angel Moldes, reuniuse con representantes da Asociación Galega de Familias Numerosas. No encontro analizouse a posibilidade de aplicación de diferentes medidas, que permitan axudar as familias con máis de dous fillos no municipio. Ángel Moldes reuniuse con membros da Asociación Galega de Familias Numerosas para estudar a posibilidade de revisar as obrigas municipais das familias do municipio con máis de dous fillos. Unha medida que axudaría ao crecemento económico da vila, segundo o voceiro popular. Galicia é unha das autonomías con menor índice de natalidade, e neste municipio pontevedrés existen unhas 170 familias en réxime xeral e 60 en especial. Un número elevado, polo que dende AGAFAM sinalan que se debe axudar as familias numerosas e non castigalas, porque delas depende, a xuízo de Luís Sánchez, presidente da asociación, o futuro da comunidade. Dende o PP de Poio xa presentaron unha moción que irá a pleno o vindeiro martes, e ca que segundo afirma Ángel Moldes, os populares de Poio buscan conseguir que o trato aos veciños sexa máis igualitario e mellorar a situación de aquelas familias que máis cargas teñen. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/familias_numerosas_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/familias_numerosas_poio.mp4{/flowplayer}