As exportacións de Rías Baixas medran en cantidade e valor

PONTEVEDRA> O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas confirma a súa consolidación nas exportacións. O 2016 pechou chunha suba de case un 12% respecto do ano anterior, superando os 33 millóns de euros de facturación. Datos que dende o Consello Regulador interpretan como unha recompensa á forte aposta que se está a facer dende o propio órgano e dende as adegas. Os viños de Rías Baixas non entenden de fronteiras. A Denominación de Orixe consolidou no 2016 a súa presenza en mercados exteriores, cun aumento do volume total das exportacións de case un 11% con respecto do 2015. En canto ao valor, o incremento foi de case un 12%, superando os 33 millóns de euros de facturación. Ademais, actualmente son 103 as adegas que participan en plans de exportación. Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña ou México consolídanse como os principais destinos dos caldos de Rías Baixas, aínda que non son os únicos. A intención do Consello Regulador é seguir ampliando mercados: este ano porán en marcha plans específicos para Canadá e Polonia. Con accións dirixidas a prescriptores e prensa especializada, e actividades promocionais como a asistencia a feiras, o Consello Regulador continúa reforzando o seu peso nos mercados internacionais. De feito, as exportacións mantéñense no 28% das vendas totais de viños da DO, que o pasado ano rondaron os 23 millóns de litros de viño comercializados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/exportacions_crdorb_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/27/exportacions_crdorb.mp4{/flowplayer}