RIANXO> Foi unha tarde-noite bastante axetreada para os equipos de emerxencia que tiveron que desprazarse tamén ata Rianxo para participar nas labores de extinción dun incendio que se rexistraba nun piso situado na céntrica praza Castelao.
O lume orixinábase nunha secadora e posteriormente estendeuse por outras zonas da vivenda.
A rápida intervención dos axentes da Policía Local, cuxa sede se atopa a escasos metros do lugar, que desaloxaron o piso e pecharon portas e fiestras, contribuíu a frear a propagación das lapas.
Posteriormente os bombeiros encargáronse de extinguir o lume e ventilar as diferentes estancias que se viron moi afectadas.











