Un accidente cun motocultor deixa un ferido grave en Rianxo

RIANXO> O suceso prodcíase nesta leira situada a carón da estrada, no lugar de Asadelos, no que a vítima se atopaba traballando co seu motocoultor.

Por causas polo de agora descoñecidas, ó home quedoulle a súa perna atrapada na fresadora.

Ata o lugar do suceso desprazáronse rapidamente varios equipos de emerxencias, entre eles bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira, que tiveron que excarcerar á vitima.

Segundo explicaron os bombeiros foi un traballo complexo, actuando sempre en colaboración cos equipos médicos que se achegaron tamén ata alí para socorrer á vitima, xa que a perna quedara atrapada polas láminas do apeiro.

Foi desprazado tamén ata o lugar o helicóptero medicalizado que se encargou de evacuar á vítima, en estado grave, ata o Hospital Clínico de Santiago.