Arousa Norte crea os Premios ó Deporte

    BARBANZA> María Vilas e Adrián Mosquera serán os deportistas galardoados nesta primeira edición, na que ademais se premiarán tamén ó mellor club, ó mellor adestrador e ó mérito deportivo. A mancomunidade de Municipios Arousa Norte vén de crear a primeira edición dos premios ó deporte onde se recoñecerá, entre outras categorías, ós mellores deportistas, clubs e adestradores locais. A cita xorde co obxectivo de consolidar á comarca coma un destino singular e de calidade dentro da actual oferta turística, e a aposta que está a realizar a entidade polas actividades deportivas. Os galardoados nesta primeira edición dos Premios ó Deporte Arousa Norte serán… A entrega dos galardóns, que nacen con afán de continuidade, terá lugar o próximo xoves nunha gala que se desenvolverá a partir das oito da tarde na casa de cultura de Boiro. Aproveitarase tamén o acto para facer entrega dos premios ós primeiros clasificados nas diversas carreiras que se desenvolveron o pasado ano polos catro concellos que integran Arousa Norte.