Detidos dous mozos en Ribeira polo acoitelamento doutro durante unha pelexa nas festas de Palmeira

RIBEIRA> Dous mozos, un menor de 17 anos, e a súa parella de 18, foron detidos esta pasada fin de semana en Ribeira coma presuntos autores da agresión sufrida por outro mozo, de 17 anos, ó que acoitelaran.

Segundo informaron fontes policiais todo aconteceu durante as festas de Palmeira.

Os axentes foran alertados de que se estaba producindo unha pelexa,na zona do parque a carón da Casa do Mar, onde habitualmente se fai botellón.

Cando chegaron ó lugar atoparon ó xoven ferido, que sangraba abundantemente por varias partes do corpo, polo que o trasladaron rapidamente ata o hospital da Barbanza para que fora atendido.

Ó parecer o seu estado non presentaba gravidade e foi xa dado de alta. As forzas da orde abriron unha investigación para tratar de aclarar todo o acontecido.