Pita levará á Deputación as propostas ‘viables e coherentes’ para Luis Rocafort

    SANXENXO> O alcalde de Sanxenxo non pecha a porta a introducir cambios no proxecto da avenida Luis Rocafort. Gonzalo Pita asegurou esta mañá estar aberto a escoitar as opción sensatas, viables técnicamente e coherentes, e comprometeuse a trasladalas á Deputación. A Plataforma de afectados levou onte as súas protestas ao pleno municipal, co apoio de Partido Popular e o concelleiro non adscrito. A Plataforma de Afectados da Avenida Luis Rocafort levou onte a súa protesta ao pleno de Sanxenxo. Baixo o lema Beirarrúas si, aparcadoiros tamén, os veciños pediron explicacións ao goberno. Hoxe, o rexedor comprometíase a levar as demandas á Deputación. A demanda da plataforma é que a avenida conte con máis prazas de aparcadoiro, algo que onte contou co apoio de Partido Popular e concelleiro non adscrito. Xuntos aprobaron onte unha moción para obrigar ao tripartito a negociar estas modificacións. Nesta interpretación política volveu coincidir o vicepresidente da Deputación. Para César Mosquera, as protestas son unha manobra do Partido Popular. Así as cousas, asegurou que o alcalde de Sanxenxo ten as portas do Pazo Provincial abertas. Sobre o regulamento dos aparcadoiros, Mosquera asegurou que se trata dunha competencia do concello. Pola súa banda, Pita comprometeuse a buscar os mecanismos necesarios para evitar que o mesmo vehículo quede aparcado nunha praza durante todo o día. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/polemica_luis_rocafort_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/polemica_luis_rocafort.mp4{/flowplayer}