A bandeira Q de Calidade volve ondear no Náutico de Cabo de Cruz

BOIRO> A bandeira Q de Calidade volve ondear no Náutico Boiro – Mariña Cabo de Cruz. A directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, presidiu o acto do izado da bandeira que avala a excelencia dos servizos e instalacións do club boirense.

A bandeira Q de calidade xa loce xunto coa bandeira azul que acredita a excelencia do Club Náutico Boiro-Mariña Cabo de Cruz.

Estes distintivos non fan máis que recoñecer a decidida aposta pola calidade que fixo o náutico crucense dende a súa posta en marcha non só no que respecta ás súas instalacións e servizos senón tamén á súa política medioambiental e  de responsabilidade social coa creación de emprego de calidade.

A directora de Turismo de Galicia quixo agradecer o esforzo deste e doutros moitos náuticos da comunidade que axudan a fidelizar e desestacionalizar o turismo a través da náutica recreativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí