Os alumnos do obradoiro Arcos Moldes buscarán unha saída laboral trala etapa formativa

    RIANXO> Os vinte alumnos do taller de emprego de Rianxo participaron na clausura do obradoiro. O alcalde entregoulles os diplomas acreditativos da formación adquirida ó longo destes meses, nos módulos de albanelería e xardinería. Os vinte participantes do obradoiro de emprego Arcos Moldes deixan atrás a etapa formativa na que se estiveron inmersos nos últimos seis meses. Agora, coa mochila repleta de coñecementos probarán sorte no mercado laboral. Tras facerlle entrega dos diplomas, o alcalde de Rianxo destacou o importante traballo realizado polos alumnos no marco desta iniciativa. Entre as actuacións máis importantes sinalou o acondicionamento das dependencias municipais que darán cabida ó arquivo. O taller de emprego, desenvolvido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria que supuxo un investimento de cento oitenta mil euros, por parte da Xunta, e oitenta e cinco mil con cargo ás arcas municipais.