CAMBADOS> Falta menos dun mes para o sorteo da Lotaría de Nadal. Este ano seica as vendas están moi animadas. As probabiliddes de que nos toque o Gordo é do 0,0001%, pero iso non é impedimento para que moitos xa teñan no peto o seu décimo.Outros, andas estes días á procura do seu número. De novo, as terminacións favoritas andan entre o 3, 5 e o 7.
O Nadal xa está ao caer e iso nótase tamén nas vendas de décimos para o sorteo da Lotaría de Nadal. Este ano, semella que a xente está máis animada a tenta-la sorte.
Algúns xa temos no noso peto un ou varios décimos. O caso é, polo menos, intentalo.
E hai que tomalo con humor porque a probabilidade de que nos toque o Gordo é de 1 entre 100.000, ou o que é o mesmo, do 0,0001%. E, malia que tódolos números van ao bombo e todo pode pasar, moita xente sigue vendo máis bonitos uns números que outros. O sete, o cinco ou o tres, son das terminacións máis cobizadas.
Se a sorte fai parada aquí, é moi probable que se espalle por España. As vendas arrancaron xa no verán e moitos turistas, aproveitaron para leva-la sorte de volta na súa maleta.
E para aqueles que non teñan sorte o 22 de decembro, xa saben que hai unha segunda oportunidade coa Lotaría do Neno. E se desa tampouco vai, celebremos que polo menos temos saúde.











