Portos renovará a cuberta da lonxa de Muros

MUROS> Portos de Galicia investirá máis de 380 mil euros na renovación e no acondicionamento da cuberta do edificio da lonxa de Muros.

O ente autonómico agarda poder sacar a licitación o proxecto nos vindeiros meses.

O obxectivo desta actuación pasa por mellorar as condicións de illamento do edificio coa substitución integral da cuberta.

Ademais instalaranse novos canalóns para as pluviais e retiraranse as actuais reixas existentes. Portos prevé tamén mellorar o alumeado do edificio coa instalación de lámpadas de tecnoloxía LED.

A actuación, enmarcada nunha liña de accións global que está a desenvolver Portos de Galicia nos edificios de traballo da totalidade dos peiraos autonómicos, virá a mellorar as condicións de traballo do sector profesional da localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí