O concello da Pobra asumirá o control da limpeza de fincas para previr os lumes

 POBRA> O concello da Pobra porá en marcha un efectivo protocolo de actuación para a xestión da biomasa foestal. Buscan deste xeito manter as fincas e parcelas do termo municipal limpas de maleza en cumprimento da Lei de Prevención de Incendios. Tal e como require a Consellería do Medio Rural, o concello da Pobra asumirá as competencias en materia de xestión da biomasa.  A administración local actuará de oficio identificando ós propietarios das fincas nas que prolifere a vexetación para requerirlles a limpeza e desbroce da mesma co fin de previr os incendios forestais. O protocolo de actuación implicará a intervención da Policía Local, encargada de realizar a inspección de campo. A partir de entón, o propietario disporá de quince días para proceder á limpeza do terreo. De non ser así, o concello asumirá as tarefas, cuxos gastos serán sufragados polo propietario que se enfronta tamén a sancións que poden chegar ata os seis mil euros. Naqueles casos no que non se poida identificar ós propietairos, publicarase no BOP o requerimento coa referencia catastral da parcela. Dende o executivo entenden que é un proceso complicado a nivel burocrático pero insisten na necesidade de obrigar ó cumprimento da lei de Prevención de Incendios que obriga a manter as fincas en perfectas condicións dende finais do mes de maio.