Feridas leves as dúas ocupantes dun turismo accidentado en Salmón

    RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.