O BNG de Ribeira demanda máis recursos para os centros de saúde da localidade

RIBEIRA> A formación nacionalista levará ó vindeiro pleno unha moción para esixir do goberno da Xunta que aumente o persoal dos centros de saúde para evitar situación como as que se están dando en Palmeira e Corrubedo onde levan semanas sen facultativos.

A solicitude dos nacionalistas responde ás propias necesidades da veciñanza, ó observarse un deterioro evitende da sanidade pública, froito das políticas levadas a cabo durante estes anos polo Goberno da Xunta.

Dende o BNG inciden en que Ribeira ten problemas de persoal na práctica totalidade dos seus centros de saúde, chegando ó punto de quedar sen persoal médico os dispensarios de Corrubedo e Palmeira para poder concentrar o persoal no de Santa Uxía.

Segundo o Sergas, os desprazamentos dos médicos de Palmeira e Corrubedo a Santa Uxía denunciado polos nacionalistas debeuse a unha situación temporal e a petición dos propios facultativos causado por motivo de saúde laboral.

Fontes do Servizo Galego de Saúde informaron de que na xornada de hoxe xa quedou restablecido o servizo médico en Corrubedo e en próximas datas farao tamén en Palmeira.

Dende o Concello apuntaron tamén a que en que en ningún momento a consellería de Sanidade pensou en suprimir estes consultorios. De feito, tanto a enfermeira como o Persoal de Servizos Xerais alí destinados seguían desempeñando as súas competencias con normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí