O concello de Ribeira inicia a recuperación do casco histórico de Castiñeiras

    RIBEIRA > O executivo ribeirés vén de iniciar na parroquia ribeiresa de Castiñeiras as obras de recuperación da súa área histórica. A actuación, sufragada polo propio concello, conta cun orzamento que se achega ós 320 mil euros.

    As obras están a levarse a cabo nas rúas Real e Nova, no propio centro da parroquia, comprendendo a demolición do actual pavimento de formigón e substitución do mesmo por lousas de granito abuxardado de oito centímetros de espesor, así como tamén a instalación de novas beirarrúas.

    Esta actuación vén a sumarse a outras que xa realizou ou vai a realizar o propio executivo ribeirés de cara a conservación do patrimonio histórico das parroquias e a súa aposta pola cada vez maior humanización dos distintos núcleos.

    Neste sentido continúan as obras de peonalización da Avenida General Franco, que seguen pola rúa Santa Uxía, así como as obras de renovación da rúa Pedro Arias e rúas adxacentes, cun investimento de máis de 360 mil euros.

    Tamén están moi avanzadas as obras de renovación do pavimento e das redes de sumidoiros e auga potable da rúa Manzanares, situada nun dos barrios máis antigos de Ribeira como é o de Bandaorrío, na que o executivo local ten previsto investir ó redor dun 336 mil euros.

    Redacción Barbanza