O novo edifico xudicial da Parda estará rematado no segundo semestre do 2018

Pontevedra> O novo edificio xudicial da Parda estará listo no segundo semestre do 2018. Esta infraestrutura contará cun investimento superior aos 17 millóns de euros , e albergará 28 unidades xudiciais en mais de 21 mil metros cadrados. Despois dos problemas que se atoparon nos terreos do novo edificio xudicial da Parda, os traballos na actualidade marchan ben e esta infraestrutura estará lista para o segundo semestre do 2018. Este novo edificio xudicial contará cun investimento de máis de 17 millóns de euros nun espazo de máis de 21 mil metros cadrados. Os beneficios para a cidadanía da provincia de Pontevedra será múltiples e diversos. Un edificio que estará conformado por dúas plantas no soto e seis plantas sobre rasante. O novo edifico xudicial estará comunicado a través dunha pasarela cuberta co actual edificio xudicial, formando así, un único complexo. Estes traballos, xunto coa cidade da Xustiza de Vigo e o novo edificio xudicial de Tui darán un novo pulo para o sistema xudicial da provincia de Pontevedra.