Os pequenos das Doroteas enchen de cor e son a Deputación e o Teatro Principal

33

Pontevedra> Os máis pequenos do Colexio das Doroteas estiveron de visita esta mañá por Pontevedra. A primeira parada foi na deputación, onde lle ofreceron un repertorio de villancicos á presidenta . Logo, a segunda parada, foi no Teatro Principal onde os máis pequenos lle dixeron ao alcalde da cidade, que actuou como se de Papá Noel se tratase, todo o que para este Nadal lle pediron nas súas cartas. Os pequenos das Doroteas ventíronse de pastorciños para ofrecer o seu mellor directo e cantarlle panxoliñas á presidenta da Deputación e ao alcalde de Pontevedra, quenes se amosaron encantados con esta bonita visita. O burrito sabanero é unha das cancións preferidas destes pequenos, eles teñen moi claro o que neste Nadal lle van a pedir os Reis Magos e a Papá Noel. E os políticos tamén teñen claro cales serán as súas petición de cara a este ano. Unha mañá diferente, divertida, emocionante, onde os papás e mamás destes pequenos tamén os acompañaron ao longo de toda a xornada. Quedan tres día de traballo, xa que o xoves, estes pequenos comezarán a desfrutar das súas vacacións de Nadal.