Pontevedra> O 29 de abril terá lugar a sétima edición da Pontevedrada. Unha cita que busca concienciar a sociedade sobre a importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos. De momento hai xa máis de 500 inscritos. Se están vostedes interesados en participar nesta marcha a Santiago, poden formar parte desta iniciativa anotándose antes do 26 de abril. Un ano máis, e xa van sete, chega a Pontevedrada. Unha andaina de 63 kilómetros que ten como fin concienciar a sociedade sobre a importancia da doazón de sangue, tecidos e órganos. A cita terá lugar o 29 de abril. Trátase dunha marcha altruísta, este ano como novidade os interesados en inscribirse deberán facelo antes do 26 de abril a través do enderezo pontevedrada@gmail.com e ademais tamén deberán realizar unha aportación económica de 5 euros. A andaina partirá o 29 de abril ás 20:00 da Praza da Ferrería para chegar o 30 de abril ás 16:00 da tarde a Praza do Obradoiro. Ademais de todos os incritos, que dende a Asociaicón de Amigos da Pontevedrada agardan que sexan máis de 1000, nesta andaina tamén estará moi presente Ponti, un pequeno corazón que se moverá de man en man ao longo de todo o percorrido. Os dorsais para a participación deberán recollerse antes da saída ou ben na Casa Azul ou no propio día na Ferrería antes das 18:00 da tarde. O percorrido da Pontevedrada ofrece varias paradas de descanso e refrixerio en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón. Dende a ASAMPO anunicaron esta mañá que este domingo 2 de abril de 10 da mañá a 13:00 haberá en Montero Ríos unha mesa informativa sobre a doazón de órganos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/pontevedrada_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/pontevedrada.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA