A Deputación de Pontevedra coordinará a Rede de Cidades Amigas dos Nenos de España

PONTEVEDRA> Pontevedra será proximamente a coordinadora da Rede de Cidades Amigas dos Nenos de España. Así o anunciou esta mañá o vicepresidente da Deputación. Ademais, a institución provincial está convidada a participar en dous encontros sobre mobilidade que se celebrarán durante o mes de febreiro en Málaga e Fuerteventura.

Pontevedra coordinará a Rede de Cidades Amigas dos Nenos de España e participará proximamente en dous encontros sobre mobilidade urbana. O primeiro trátase do quinto encontro de cidades  da DXT sobre este eido, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro en Málaga. No evento participará o deputado Uxío Benítez.

A Deputación tamén está convidada a participar no “Encontro da Rede de Cidades Amigas dos Nenos” que se celebrará en Fuerteventura do 12 ao 15 de febreiro e ó que asistirán 12 concellos da provincia.

Durante os primeiros días levaranse a cabo dúas xornadas de formación sobre o proxecto internacional das cidades dos nenos e das nenas.

Na cita, que contará coa participación do pedagogo italiano Francesco Tonucci, inaugurarase a exposición “50 anos con Frato”, que xa estivo en Pontevedra fai 2 anos.