Un mariñeiro atopaba este mediodía fronte ás Illas Ons o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Noalla, Sanxenxo, esta fin de semana. Desde primeira hora desta mañá un amplo dispositivo buscaba á muller por terra e mar, na zona de Punta Faxilda, onde aparecera o seu vehículo. Un mariñeiro que faenaba fronte ás illas Ons localizaba este mediodía o cadáver dunha muller, veciña de Aios, na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, que levaba desaparecida desde o domingo. Natividade, de 44 anos e con dúas fillas, faltaba da súa casa dende a madrugada do sábado ó domingo. O seu coche apareceu aquí en punta Faxilda, a moi poucos quilómetros da súa viveda. O corpo da muller apareceu este mediodía ás nosas costas, na illa de Onza. Segundo fontes do operativo o corpo apareceu a uns 600 metros do isllote de onza, que pertence ó arquipélago de Ons. Salvamento Marítimo recuperou o corpo sen vida que foi trasladado pola Garda Civil ata o peirao pontevedrés de Bueu. Desde primeira hora deste luns un amplo dispositivo buscaba por terra e mar nesta rochosa zona de Punta Faxilda, logo de que o vehículo de muller aparecese neste punto, coas chaves postas, no mediodía de onte domingo. O seu marido presentaba a denuncia da desaparición poucas tempo antes no posto da Garda Civil de Sanxenxo, cando a familia se percatou da súa ausencia. Xunto coa familia, que agardaba desesperada noticias positivas, veciños da zona achegáronse ó lugar para tentar axudar na busca. Ninguén daba crédito ó acontecido. O equipo de busca estivo formado por Salvamento marítimo, a Salvamar Sargadelos con base en Ribeira, unidades terrestres da garda civil, e buzos dos GEAS. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/muller_falecida_punta_faxilda_03042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/muller_falecida_punta_faxilda_03042017.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas