CAMBADOS> Un colexio da contorna do Salnés está a realizar unha máis que interesante actividade para conmemorar os seu 35 aniversario. A comunidade educativa do colexio Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño, en Cambados, entregouse por completo para darlle o seu centro unha nova fachada polo seu aniversario. Esta mañá algúns alumnos do centro e o seu director nos explicaban un pouco máis sobre esta curiosa e interesante iniciativa. Follas, pedras e nenos na fachada do colexio Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño en Cambados. Unha curiosa iniciativa coa que conmemorar o 35 aniversario do centro. Toda a comunidade educativa do centro se involucraron para levar a cabo esta actividade, aínda que os alumnos de xeito moi especial. Por cursos os cativos do Barreiro Piñeiro repartíronse as labores de achado de información, financiamento e localización do artista que levaría a cabo a obra. Lula Goce foi a elixida polos rapaces cambadeses para que decorase a nova fachada do centro. Un proxecto que esta artista valora moi positivamente. Unha bonita iniciativa coa que as xeracións que viviron este 35 aniversario poderán deixar a súa pegada no centro, que a bo seguro, lles traerá bos recordos no futuro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/mural_colexio_vilarino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/mural_colexio_vilarino.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas