O Open de BTT chega este sábado a Poio

Pontevedra> O sábado 8 de abril o concello de Poio acollerá o IX Open Galicia de BTT. Unha cita puntuable no Open e na que participarán os mellores especialistas galegos desta disciplina. Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina. A parroquia de Samieira, en Poio, xa está lista para acoller o Open Galicia de BTT. Un referente do ciclismo galego no que participarán os mellores desta disciplina e será ademais puntuable dentro do Open. L Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina. O circuíto conta con 7 quilómetros de percorrido, tendo que completar na primeira carreira tres voltas ao mesmo e na proba absoluta cinco, ata facer a cifra de 35 quilómetros en total. As inscricións, só para deportistas federados, poden formalizarse ata o xoves día 6 de abril na web da Federación Galega de Ciclismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/btt_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/btt_poio.mp4{/flowplayer}