O Boiro salva un punto ante o Mutilvera

    BOIRO> O Boiro conseguíu finalmente maquillar, na segunda metade, o resultado e salvar un punto. Ó descanso perdían por cero a dous. Nova decepción. Os numerosos afeccionados que se achegaron no día de onte a Barraña para presenciar o Boiro-Multivera marcharon cun sabor agri-doce do campo. Os boirenses deixaban escapar outra boa oportunidade de ir sumando puntos que os alonxase dos postos de descenso directo nos que se atopan actualmente, décimo sétimos con 34 puntos. En fronte ademais un rival dos da súa liga. Os navarros cun punto máis, 35, marcan a zona de playoff descenso. Ó pouco do inicio do xogo, minuto catro de partido, na primeira aproximación de perigo á área do Boiro chegaba o tanto visitante. Unha falta lateral ben botada polos navarros foi cabeceada ó fondo das mallas por Morillas.O segundo tanto do Mutilvera chegaba transcorrida a media hora de xogo. O cadro visitante aproveitábase dun erro na zaga local. Eder poñía o cero a dous no marcador. Neste tempo a pesar de dispoñer dalgunha que outra ocasión para facer algún tanto, o resultado xa non se movería. O Boiro estaba ko. A volta dos vestiarios sentoulle bén ós locais. Os cambios de Cano e Axel introducidos por Fredi melloraron o xogo. O Boiro foi facéndose co partido metendo ó seu rival na súa área e dispoñendo de claras ocasión de gol. O tanto non tardaría en chegar. Cano ós dez minutos da reanudación recurtaba, cun disparo dende dentro da área despois de aproveitar unha boa xogada de Jimmy. A partir de ahí os locais foron a máis. Rubén Rivera cabeceaba ó fondo da portería un córner lanzado dende a dereita. O Boiro cría na remontada. A base de empuxe e tesón encerrou ós navarros no seu campo, dispoñendo tamén de novas ocasións para facerse coa vitoria. Co asubío final o Mutilvera respirou. E o Boiro deixaba escapar unha nova oportunidade. Nas últimas cinco xornadas, dúas derrotas e tres empates, os tres na casa, deixando de sumar importantes puntos, que esperemos non bote de menos ó final de tempada. Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos nesta categoría, destacar a vitoria do Celta B coa Cultural Leonesa, 1-2, que xa é o novo líder do grupo 1 nesta 2ªB. Vitoria tamén do Racing de Ferrol co Tudelano, 0-1, e derrotas do Coruxo co Racing de Santander, 0-1, do Somozas co Palencia tamén por idéntico resultado, 0-1, e do Pontevedra coa Ponferradina, 1-0, ainda que os do Lérez seguen conservando a cuarta praza na clasificación.