Lores comprométese a axilizar o saneamento na zona do Cabo

    loresmariscadores_100_270906.jpgPONTEVEDRA > Concello de Pontevedra comprometeuse cos patróns maiores do fondo da ría a axilizar…

    …as obras de saneamento na zona do Cabo, en Lourizán.

    Os mariscadores están en pé de guerra coas administracións ó non levantar Pesca a catalogación de zona C en Placeres, o que lles impide comercializar o producto con outro fin que non sexa a venda a conserveiras. Os mariscadores do fondo da ría de Pontevedra reclaman a catalogación de zona B en Placeres, pero as análises realizadas no Cabo non dan os resultados adecuados.

    O motivo, os continuos vertidos á ría neste lugar, procedentes de Lourizán, Placeres e incluso do Porto de Marín. O alcalde explicoulle ós patróns maiores que levan desde 2001 esperando que a Xunta execute a ampliación da depuradora de Placeres e o saneamento na parroquia de Lourizán. Co ánimo de resolvelo, anunciou que os servizos técnicos do concello elaboraron un proxecto para bombear os vertidos do Cabo ata a depuradora. loresmariscadores_300_270906.jpg

    En canto haxa autorización de Costas se executaría a conexión desde o Cabo e o colexio de monxas a un pozo de bombeo onde empeza a pasarela peonil, e logo se canalizaría directamente á depuradora. O alcalde explicou que esta situación se puido ter resolta hai meses se houbese comunicación entre a Xunta e o Concello. Lores asegura que soubo do problema polos propios mariscadores. Os patróns maiores consultarán coas asembleas das súas confrarías se manteñen as protestas, unha vía que non é do seu agrado.

    Redacción Salnés