SANXENXO> O concello de Sanxenxo reforza o seu operativo de limpeza das praias de cara á Semana Santa. Grazas a unha subvención do Plan Concellos da Deputación , o municipio está dobrando o seu persoal para o acondicionamento dos areais. Nos 36 quilómetros de costa cos que conta o concello de Sanxenxo atopamos multitude de praias das máis variadas características, e como estas son precisamente un dos seus maiores reclamos turísticos, o municipio destina durante todo o ano unha brigada de cinco operarios ó seu mantemento. Pero agora, coa Semana Santa ás portas de esquina, Sanxenxo reforza este equipo grazas á axuda do Plan Concellos de Deputación de Pontevedra. Ademais dos seis novos operarios, que se unen ós cinco cos que xa conta o concello, a chegada da máquina limpa praias concedida pola Deputación de Pontevedra a Sanxenxo, sumada ás dúas municipais, permite acelerar durante esta semana o operativo de limpeza que a concellería de Medio Ambiente comezou a despregar hai 15 días pola proximidade das vacacións. Os temporais dos últimos días fan que este traballo sexa máis necesario ca nunca. A brigada municipal comezou polas praias máis urbanas, como A Panadeira e esta de Silgar, para desprazarse a partir da semana que vén a Areas, Baltar, Montalvo, Pragueira e Major. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/limpeza_praias_sanxenxo_03042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/limpeza_praias_sanxenxo_03042017.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas