Pouca ameixa na apertura da campaña marisqueira en Ribeira

    RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volvían esta luns ás súas concesións. A pesar de traballar nun banco de Coroso, que levaba máis de medio ano pechados, constataron a escaseza de ameixa. Haberá que agardar ós próximos días para ver como segue a desenvolverse a campaña. Pouca ameixa na reapertura da campaña marisqueira en Ribeira. Os mariscadores faenaron nun banco na zona de Coroso que levaba pechada máis de medio ano. Semella que este tempo non foi dabondo para rexenerar porque na primeira xornada apenas chegaron a coller os topes, de quince quilos por tripulante. A pesar deste mal arranque, algúns profesionais teñen mellores perspectivas de futuro. Na primeira parada, o quilo roldou os nove euros. A clave da campaña estará na evolución dos prezos condicionados pola proximidade dos festivos, que soen incrementar as cotizacións, pero tamén pola apertura das concesións na illa de Arousa, onde os prezos quedaban un euro por debaixo que na rula ribeirense. A maior presenza de produto no mercado pode ter o efecto contrario.