PORTO DO SON> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá o peirao de Porto do Son para comprobar o resultado das obras de mellora das zonas de atraque. O seu departamento, a través de Portos de Galicia, habilitou dous novos pantaláns con cincuenta prazas para barcos de grandes dimensións. A actuación supuxo un investimento de preto dos 500 mil euros.
Acompañada da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o alcalde da localidade, Luís Oujo, e o patrón maior, Emilio Queiruga, a titular de Mar quixo comprobar de primeira man o resultado das obras de mellora das zonas de atraque, que supuxeron a instalación de dous novos pantaláns con 50 prazas para barcos pesqueiros de grandes dimensións. A actuación ascendeu a preto dos 500 mil euros.
Na súa visita Rosa Quintana tamén se referiu a outros proxectos pendentes do seu departamento na localidade, como é o caso da remodelación da fachada marítima. Unha actuación que segundo ela se atopa na fase de licitación, cun investimento previsto de case cinco millóns de euros e o obxectivo é que poida estar rematada no ano 2021.