A Soedade e a Amargura sairán por separado na Semana Santa de Boiro

    BOIRO> A Semana Santa de Boiro estará dedicada este ano á Virxe da Amargura. Esta imaxe sairá o Xoves Santo trala procesión da Soedade. O desencontro entre o párroco e a Irmandade do Cristo da Misericordia motivou que ámbolos dous pasos non compartan procesión, tal e como fixeran o pasado ano. A principal novidade da semana santa de 2017 de Boiro será a celebración de dúas procesións durante a Xoves Santo. A diferenza do pasado ano, cando a Virxe da Soedade e a da Amargura compartiron no mesmo paso, a falla de acordo entre párroco e cofradía motivou que este ano as dúas imaxes saian por separado. A primeira dará comezo ás oito e media da tarde e a continuación, unha vez finalizada, sairá a Virxe da Amargura acompañado polos cofrades. Na súa intervención, o alcalde de Boiro gabou o inestimable labor da Irmandande do Cristo da Misericordia na organización da Semana Santa. Xoán Xosé Dieste pelou á unidade e á concordia en referencia ó conflito existente entre a confraría e o párroco como única vía para manter vivas as celebración. O alcalde destacou tamén o importante valor cultural que supón o mantemento desta tradición tan arraigada en Boiro. Cultura e relixión que se traducen, sen dúbida, nun importante factor de atracción turística coa chegada de centos de visitantes á vila durante estas datas.