RIBADUMIA> Ribadumia conta cunha nova instalación de alumeado público no zona de A Torre e a rúa Mosqueiro. Un cambio que permite ao concello un aforro no consumo eléctrico superior ao 50 % de media entre as dúas zonas, e que foi posible a través da orde de compensación ambiental de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co concello do municipio. Máis de 50 luminarias led como esta están repartidas entre a zona de A Torre e a rúa Mosqueiro en Ribadumia, ademais de un cadro de protección e 410 metros lineais de condutores de terra en reforzo dos xa existentes. Unha mellora que reportará un aforro no consumo eléctrico municipal. Os traballos tiveron un orzamento duns 40.000 euros, dos cales 32.000 procederon da orde de subvención para Infraestruturas de Uso Público da Consellería da Presidencia. O 20% restante foi asumido polo concello de Ribadumia. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou a zona acompañado pola corporación municipal e a xefa territorial de Presidencia, Marta Mariño. Ademais tamén estivo presente a representante do PP na vila, Salomé Peña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/touris_visita_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/touris_visita_ribadumia.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas