Ata o 8 de xullo xa poden desfrutar da XIII Festa do Viño Tinto de As Neves

Pontevedra> O Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acolleu esta mañá a presentación da décimo terceira edición da Festa do tinto Rías Baixas de As Neves. Unha cita que vivirá os seus días fortes o vindeiro 7 e 8 de xullo e onde unha quincena de adegas presentarán arredor de 30 marcas no túnel do viño.

O concello das Neves xa ten todo listo para celebrar unha das citas máis agardadas no calendario, a súa décimo terceira edición da Festa do Tinto Rías Baixas, un evento que se desenvolverá ata o vindeiro 8 de xullo. Unha celebración que ofrecerá dúas semanas con multitude de actividades que terán os viños desta Denominación de Orixe como principal fío conductor.

Unha cita onde haberá degustacións, música e como non a tradicional ruta dos pinchos que se desenvolverá ata o día 6.

Un viño, o tinto das Rías Baixas que cada vez está tendo máis calado entre a poboación.

As características esencias deste caldos da D.O son as seguintes.

Pois xa o saben ata o 8 de xullo poderán desfrutar os mellores tintos galegos nesta décimo terceira edición da Festa do Viño Tinto de As Neves. Unha cita que contará con arredor de 30 marcas pertencentes a unha quincena de Adegas desta Denominación de Orixe.