A Ponte da Barca estará rehabilitada en dúas semanas

PONTEVEDRA> Os traballos de rehabilitación da Ponte da Barca poderían estar finalizados en dúas semanas. Así o confirmou esta mañá o director da obra. Ata entón, o carril de acceso a Pontevedra permanecerá pechado.

O director da obra da Ponte da Barca confirmou esta mañá que, se o tempo o permite, as obras de rehabilitación poderían estar terminadas en dúas semanas.

Entre os traballos que se levaron a cabo na ponte, cabe destacar a substitución da marquesina de madeira e a remodelación na parte estrutural.

Neste proxecto fíxose tamén un repintado completo da ponte con pintura especial que axuda á protección do formigón e ademais, levouse a cabo unha melloría industrial na madeira.

En canto as beirarrúas, o director da obra destacou que soamente se repararon os baches.

Cabe destacar que durante estas dúas semanas o carril de circulación manterase pechado e a Ponte da Barca seguirá sendo soamente de saída da cidade.