Ribeira acolle este venres o VI Torneo Panos Brancos contra a Droga

    RIBEIRA> Ó redor de douscentos escolares participarán na sexta edición do Torneo Panos Brancos contra a droga. A xornada, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase este venres en Ribeira. A principal novidade é a incorporación de catro probas de atletismo. Ribeira foi a primeira sede do torneo intercidades Panos Brancos contra a droga e agora, seis anos despois, volve acoller o evento. O venres daranse cita na capital barbanzá escolares de entre doce e dezaseis anos que competirán non só en fútbol e baloncesto, tal e como viña sendo habitual. Nesta edición incorporase o atletismo. O obxectivo desta xornada é promover a práctica deportiva e os seus valores como unha vía de prevención da drogodependencia. Dende a Fundación Galega contra o narcotráfico insisten na necesidade de educar para evitar o consumo de drogas, un hábito moi presente na sociedade actual. As competicións nas distintas modalidades deportivas celebraranse de xeito simultáneo no complexo da Fieteira entre as dez e media e a unha. Ademais dos escolares de Ribeira participarán alumnos dos institutos de Vilagarcía, Cambados e O Grove.