O composteiro da Coca no centro da polémica

    VILAGARCÍA> Unha especialista en compostaxe visitou esta mañá o parque de A Coca en Vilagarcía para explicar aos veciños do entorno en que consistirá o plan de compostaxe urbano que se instalará na zona. Unha iniciativa que non deixa indiferentes aos veciños, xa que hai un numeroso grupo de veciños que non ven con moi bos ollos esta iniciativa. O parque da Coca en Vilagarcía estaba máis transitado do normal esta mañá. Unha especialista en compostaxe urbano acompañada polo edil de Medio Ambiente do municipio atopáronse a súa chegada con un importante grupo de veciños que desbotan a posibilidade de instalar no entorno un composteiro por diferentes motivos, que explicou as cámaras desta casa o voceiro da Plataforma Veciñal en apoio o parque da Coca. Unha situación que dende o concello esperan poder solucionar. Algúns veciños mostráronse moi desgustados coa idea de que o composteiro se instale na zona do parque. Outros non entenden a oposición a este proxecto e defenden que é un paso adiante. A esta primeira sesión informativa seguiulle outra que se celebrou as 20:00 da tarde. Os veciños que non están a favor de este proxecto dependente da Deputación de Pontevedra, estanse a mobilizar para recoller firmas, e xa levan máis de 150. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/desacordo_compostaxe_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/desacordo_compostaxe_vilagarcia.mp4{/flowplayer}