A ocupación hoteleira chegará ao 75% nas Rías Baixas nesta Semana Santa

Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra agardan unha ocupación do 75 por cento para a Semana Santa nas Rías Baixas. A presidenta dixo esta mañá que se agarda a mellor Semana Santa dos últimos anos para a provincia. Concellos como os de Sanxenxo, Pontevedra ou O Grove estarán rozando o cheo durante este periodo vacacional. Todo apunta a que a ocupación en Semana Santa nas Rías Baixas será todo un éxito. Dende a Deputación estiman unha ocupación do 75 por cento para este periodo vacacional. Ainda que a presidenta di que estes datos son moi prudentes. A maioría do turismo que chegará a nosa terra ao longo deste periodo vacacional farao a partir do xoves santo e será na meirande parte de España e Portugal. Concellos como os de Sanxenxo e o Grove estará practicamente cheos nesta Semana Santa. O concello de Pontevedra contará cunha ocupación do 100 por 100 ata o día 12, grazas en boa medida ao campionato de Natación Absoluta que esta fin de semana acolle a cidade do Lérez. O turismo rural chegará ao 66 por cento de ocupación. A posible borrasca que está preto de Galicia terá moito que dicir nos resultados finais desta tempada, con todo, dende a Deputación, agardan que as Rías Baixas vivan unha das mellores Semana Santa dos últimos anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/turismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/turismo.mp4{/flowplayer}