Deputación e concello de Ribeira asinan o convenio para o equipamento escénico do auditorio

RIBEIRA> Asinado o convenio entre a Deputación da Coruña e o concello de Ribeira para o equipamento escénico do futuro auditorio. A administración asumirá o 80 por cento do proxecto que ascende a un total de 376 mil euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formos, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, asinaron este luns o convenio para o equipamento escénico do auditorio. A administración provincial investirá máis de 300 mil euros neste proxecto que contempla maquinaria e vestido escénico, sistema de alumeado e son na sala principal e un sistema de vídeo proxección na sala polivalente.

Este equipamento dotara ó novo auditorio dun novidoso sistema de elevación proxectado para o escenario que sustentará os panos, decorados e equipos de iluminación da sala. Por outra banda, o vestido escénico dosporá dunha boca formada por unha embocadura móbil cun bambalinón e pano de grandes dimensións.

No que respecta ó alumeado, instalaranse 4 dimmers, unha mesa de control, oito proxectores e oito recortes LED branco. Estas actuación suporán un investimento total de 376 mil euros dos que a Deputación financiará algo máis de 300 mil e o resto será asumido polo concello.