Ribeira experimenta unha nova suba de casos

RIBEIRA> No Barbanza preocupa especialmente a situación de Ribeira, onde volve a subir o número de casos activos.

A cifra de contaxios elévase a 50, dez máis na última xornada. Aínda así o alcalde, Manuel Ruíz, manda unha mensaxe en certa maneira tranquilizadora, pois, segundo el, boa parte deses últimos contaxios proveñen dun abrocho familiar e os outros de contactos directos cos mariñeiros contaxiados.

Ruíz referiuse tamén ó inminente cese do estado de alarma. Segundo el a partir de agora coa nova situación debemos extremar aínda máis as precaucións e responsabilizarse a nivel individual de cumprir coas medidas sanitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí