Mozos da comarca achéganse ó mundo empresarias na III Xornada de Emprego e Xuventude

    PORTO DO SON> Uns cento cincuenta alumnos de ciclos formativos de toda a comarca participaron na Terceira Xornada de Xuventude e Emprego organizada polo concello de Porto do Son. Os mozos tiveron ocasión de coñecer interesantes iniciativas empresariais como o deseño dun dron submarino. O éxito desta terceira xornada de xuventude e emprego residiu no seu formato innovador. O concello apostou por empresas próximas ós mozos polo tipo de servizos e actividades ofertadas.Ademais tentaron fuxir das tradicionais exposicións teóricas e potenciaron as sesións prácticas e as exhibicións como a realizada no porto cun dron submarino. A xornada rematou cun concerto, cuxa montaxe correu a cargo doutra das empresas participantes, Musieventos. A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, participou no acto de clausura.