150 corredores participarán no I Challenge Volta ó Barbanza-A Orixe

BOIRO> 150 corredores daranse cita no primeiro ‘Challenge Volta ó Barbanza A Orixe’ que se celebrará na comarca do Barbanza os días 9 e 10 de abril. Esta cita deportiva, organizada pola mancomunidade Barbanza Arousa, desenvolverase en dúas etapas que percorrerán os catro concellos da bisbarra.

O Barbanza vivirá unha fin de semana de ciclismo grazas á Volta ó Barbanza A Orixe patrocinada pola Mancomunidade Barbanza Arousa. Disputarase entre o 9 e o 10 de abril e contará con 150 participantes de 27 clubs de toda España e Portugal.

Dividirase en dúas etapas de 97 e 86 quilómetros respectivamente: a do sábado entre os concellos de Boiro e Rianxo e o domingo entre A Pobra e Ribeira.

O presidente da Mancomunidade destacou a importancia de seguir promovendo eventos deportivos vinculados ademais á ruta xacobea emerxente A Orixe que discorre pola comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí