O PP da Pobra insiste na validez das distincións dos fillos adoptivos do concello

    POBRA> A polémica suscitada a pasada semana co debate sobre o nomeamento de Anxo Rei Ballesteros como fillo adoptivo da Pobra segue coleando. O PP entende que non é preciso obter o apoio de dous terzos da corporación, tal e como establece a Lei de Bases de Réxime Local. A orixe da polémica está na proposta levada ó pleno da pasada semana polo BNG para nomear fillo adoptivo da Pobra a Anxo Rei Ballesteros. O PP votou en contra polo que a iniciativa non sairía adiante segundo a ordenanza municipal que estipula a necesidade de dous terzos dos votos para aprobar este tipo de distincións. Requisito que non se cumpriu no nomeamento de Gerardo Fernández Albor e Segundo Durán en 2010 e 2008 respectivamente. Así as cousas, o executivo encargou un informe ó secretario municipal para determinar a validez destes acordos mentres que o BNG elevará a cuestión ó Consello Consultivo de Galicia. Malia que si existe unha ordenanza municipal sobre de honores e distincións dende o PP indican que a lei de Bases de Réximo Local non establece a necesidade de contar co respaldo de dous terzos da cámara. Consideran efectivo o nomeamento de Rei Ballesteros ó contar co apoio de oito edís. O mesmo acontece coas outras dúas distincións aprobadas durante mandatos populares polo que , din, non se debería cuestionar a súa legalidade.