Dende Pontevedra demandan máis investigación para o párkinson

Pontevedra>A Asociación do Párkinson de Pontevedra saíu a rúa esta mañá, cunha mesa informativa, co fin de amosar o seu traballo. Co gallo da celebración mundial do día do Párkinson, o 11 de abril, dende esta entidade demandan máis información e investigación sobre esta enfermidade. Despois de pasar 200 anos dende o descubrimento do párkinson dende a Asociación de Pontevedra saíron nesta xornada á rúa co fin de amosar o traballo que realizan dende esta entidade. O 11 de abril celébrase o día mundial do Párkinson, unha xornada que conta cun lema moi significativo. A principal demanda que teñen dende esta entidade é loitar por unha mellor investigación. Dende esta entidade tamén inciden na necesidade de que se informe máis sobre esta enfermidade, xa que a sociedade non coñece os síntomas nin ten apenas información sobre a mesma. O vindeiro 11 de abril dende esta asociación ofrecerán un obradoiro de disfasia para persoas con párkinson en Bueu. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/mesa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/mesa.mp4{/flowplayer}