O pleno aproba a modificación de crédito de 2,7 millóns de euros

Pontevedra> O pleno de Pontevedra aprobou a modificación de crédito de 2,7 millóns de euros co apoio do grupo En Marea. Dende o PP, PSOE e Cuidadanos cren que esta modificación non é necesaria, e coinciden ao afirmar, que a cidade ten carencias máis urxentes que as incluídas en dita modificación. O Goberno Local puido sacar adiante a súa modificación de crédito de 2,7 millóns de euros co apoio do grupo En Marea. A emenda parcial que presentaron dende o PSOE non saiu adiante. Luis Rei deu o visto bo a modificación que presentaron dende as filas nacionalistas e que inclúe a renda social básica e a incorporación ao transporte metropolitano que de demandaban dende esta agrupación. As críticas máis sonoras desta modificación son o 1,2 millóns de euros destinados ao inmoble de Ferreiros e os 420 mil á compostaxe. Dende o PP quen cree que esta modificación é unha sinal da ineficiencia do Goberno Local. Dende o PSOE cren que mercar un inmoble de 1,2 millóns de euros non é algo moi de esquerdas. E dende Ciudadanos opinan que esta modificación de crédito non é nada urxente para a cidade de Pontevedra. Con todo con 13 votos a favor e once en contra esta modificación de crédito quedou aprobada no pleno da corporación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/pleno_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/pleno.mp4{/flowplayer}