O PSOE buscará apoios no pleno para instar á Xunta a conceder un local ao Ateneo Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra buscará o apoio do pleno para reclamar á Xunta de Galicia que conceda un local ao Ateneo de Pontevedra para continuar coa súa actividade. A entidade quedou sen o espazo que tiña ata o de agora no edificio administrativo que a Xunta ten en Benito Corbal.

A decisión da Xunta de Galicia de deixar ao Ateneo de Pontevedra sen o local que tiña no edificio administrativo de Benito Corbal chegará ao pleno da corporación. Será da man do Partido Socialista, que pedirá o apoio de todas as formacións, sobre todo do PP.

A decisión xa foi recorrida polo Ateneo e os socialistas consideran que a reclamación para a revisión da súa puntuación presentada ante a Vicepresidencia Segunda debe ser atendida. De non ser así, demandan á administración autonómica que poña a disposición do colectivo un novo local.

A relevancia social, o número de beneficiarios, a antigüidade, o uso do idioma ou a defensa da igualdade son, segundo o PSOE, cuestión a ter en conta.

Fariña recordou que o Ateneo é unha institución cultural sen ánimo de lucro que en novembro cumprirá 58 anos de actividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí