O anteproxecto do emisario submarino da ría estará listo para xuño

Pontevedra> A conselleira de Medio Ambiente e a de Mar mantiveron esta mañá unha reunión coas confrarías da ría e alcaldes dos concellos afectados. Beatriz Mato anunciou que o anteproxecto do emisario submarino estará no mes de xuño. Dito emisario terá unha lonxitude de 3,5 quilómetros e estará situado lonxe das bateas. Terceira reunión da conselleira de Medio Ambiente e a de Mar cos patróns maiores das Confrarías da Ría de Pontevedra e representantes dos concellos da zona. Beatriz Mato lembrou que das 8 fases do plan de saneamento da ría 4 xa están en funcionamento e rematadas para este verán. O obxectivo deste encontro é o de informar as partes afectadas sobre o emprazamento do emisario submarino. Un emisario que terá unha lonxitude de 3.5 quilómetros e que estará afastado dos polígonos das bateas. A conselleira anunciou que o anteproxecto do emisario está listo no mes de xuño. Mato di que con estas medidas amosase o compromiso total da Xunta coa ría de Pontevedra. En relación á ampliación da depuradora dos Praceres a conselleira dixo que aínda que non é algo prioritario pero que dende a Xunta están a tramitar ante o Ministerio a autorización pertinente para ter a titularidade da depuradora e poder facer esta ampliación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/reunion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/reunion.mp4{/flowplayer}