O concello crea Poio É para aglutinar todas as actividades culturais do municipio

POIO> O concello de Poio crea Poio É, un espazo no que incorporar todas as actividades culturais da vila. Dentro de este proxecto presentouse verbas en flor, o programa cultural para os vindeiros meses. As actividades principais xiran en torno ao día das letras galegas.

Ao longo de todo o ano, son moitas as actividades culturais que se realizan no concello de Poio. Xa sexan organizadas pola propia concellería ou polos diferentes colectivos culturais da vila. Para aglutinar todas as actividades e aumentar a súa promoción para chegar a todos os veciños, o concello crea Poio É.

Dentro deste espazo, o concello tamén presentou verbas en flor, o programa cultural para os meses de abril a xuño no que se inclúen todas as actividades relacionadas coa cultura, a lingua e a memoria.

Entre as actividades destacan as relacionadas co día das letras galegas. Realizarase un obradoiro no instituto de Poio e unha exposición co traballos dos alumnos para fomentar o seu amor pola escritura.

A programación complétase cos xardín colgantes nos centros educativos, actividades na biblioteca polo día do libro, os nosos instrumentos ou a festas das letras. En total a redor de 15 actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí