Vilagarcía realiza unha demostración de compostaxe para tranquilizar ós veciños

    VILAGARCÍA> Esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía e unha mestra composteira fixeron unha demostración sobre este sistema xestión do lixo nos colectores de Piñeiriño. Lino Mouriño aproveitou para lanzar unha mensaxe tranquilizadora ós veciños do barrio da Coca. Que tódolos veciños da Coca, en Vilagarcía, teñan claro que non se vai instalar o composteiro no seu barrio, se eles non queren. Foi a mensaxe que o concelleiro de Medio Ambiente quixo enviar esta mañá trala polémica xurdida arredor da implantación de colectores de compostaxe nesta zona. Lino Mouriño quixo fixo este anuncio esta mañá, durante a demostración de cómo funciona este tipo de sistema de xestión do lixo, precisamente, nos colectores doutra zona do concello, os do Piñeiriño. Para que tanto veciños como a prensa, fóramos testemuña de cómo é proceso, limpo e sen olores molestos, a demostración correo a cargo dunha profesional mestra composteira. Esta profesional da compostaxe asegura que moitas das crítícas que veñen por parte dos veciños chegan por falta de información. Ela asegura tamén á veciñanza que non deben preocuparse pola presenza deste tipo de colectores preto das súas vivendas. A mestra aconsella ós veciños que se informen e aproveiten esta oportunidade de xestionar os residuos dunha forma máis responsable. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/demostracion_compostaxe_vilagarcia_07042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/demostracion_compostaxe_vilagarcia_07042017.mp4{/flowplayer}