A reunión entre o concello e O Mirador remata sen acordo e sen proxectos para Monte Porreiro

PONTEVEDRA>  Rematou sen acordo a reunión celebrada esta mañá entre o concello de Pontevedra e a asociación de veciños O Mirador de Monte Porreiro. O encontro foi longo e tenso, pero as dúas partes non foron quen de pechar un plan de obras para a urbanización. O colectivo demanda que se invista no barrio o millón de euros que estaba destinado para o polémico proxecto deseñado para a zona. Dende o concello, pola súa banda, piden tempo para estudar as necesidades de Monte Porreiro.

Dúas horas de reunión que remataron sen ningún tipo de acordo. O concello de Pontevedra e a Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro non foron quen de achegar posturas.

Gómez explicou que a redacción dun novo proxecto leva tempo e ten que estudarse con calma. Tamén desbotou a posibilidade de levar adiante a proposta que había para o barrio dun xeito parcial.

A reunión entre o concelleiro e os representantes dos veciños foi tensa. Segundo Gómez, as negociacións non foron sinxelas.

Pola súa banda, os veciños tiñan previsto celebrar esta noite unha asemblea para trasladar ao barrio o contido da reunión, así como plantexar a convocatoria de novas mobilizacións. Mañá trasladarán a  súa postura aos medios nunha rolda de prensa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí